vírate a occidente

vírate a occidente

Camiñar a occidente, ese é o sentido que marca nas noites a Vía Láctea, tal é nos días a ruta do sol: velaí o Camiño até o Fin, até o lugar onde a terra acaba e o mar comeza. Os peregrinos chegan á praia de Langosteira ou á Punta da Barca e a visión do Atlántico failles manifestar o xúbilo. A expresión latina medieval Ultreia! −Imos máis alá!− parece resoar aínda hoxe no Camiño. Desde Corea, Italia, Dinamarca, Cataluña, Brasil... Desde distintos lugares do mundo seguen a camiñar até aquí xentes que procuran nesta ruta paisaxes, xentes, lugares e a ollada cara dentro dun mesmo.

Emilia Kim

Emilia Kim

«Emilia é o meu nome ‘cristián’», di esta coreana, veterana xa de varias peregrinacións a Santiago. Desta vez saíu desde Lourdes, en Francia, e até Muxía fixo máis de 900 km. O que máis lle gusta do Camiño son as paisaxes e as pequenas vilas.

Nina Wong

Nina Wong

Chegou a Fisterra despois de percorrer 200km, desde Vilafranca do Bierzo, e fotografouse co faro, diante do Atlántico. Nina é danesa e gostou de coñecer no Camiño outros peregrinos, establecendo trato e relación con eles.

Roberto Gaudioso

Roberto Gaudioso

Roberto veu desde Roma, pero camiñando veu desde Saint-Jean-Pied-de-Port, de onde saíu o 21 de setembro, chegando á Ponte Maceira, onde é a foto, o 4 de novembro de 2022. Gustou especialmente de coñecer os sitios pequenos, que só andando a pé poden descubrisrse.

Sergio Fujihara

Sergio Fujihara

O brasileiro Sergio Fujihara é de familia xaponesa asentada en São Paulo e chegou a Fisterra despois de percorrer 900 km, desde Saint-Jean-Pied-de- Port, nunha media de 35 km ao día. Do Camiño salienta o coñecemento interno, a paciencia con un mesmo, a ollada cara dentro.

George Grissapham, 1355

George Grissapham, 1355

Este nobre maxiar peregrinóu a Compostela en 1355 para penar polas súas accións guerreiras de anos anteriores. Alí preguntóu por algún lugar afastado para retirarse a orar, e recomendáronlle a ermida de San Guillerme, en Fisterra, onde viviu cinco meses, a pan e auga. Publicóu o libro Visiones Gerorgii, o primeiro relato escrito dunha peregrinación até "o fin do mundo".

Sebald Ritter, 1462

Sebald Ritter, 1462

Este patricio alemán, fillo doutro peregrino, Peter Ritter, viaxóu a Compostela en 1492. Fíxoo á fronte dunha grande comitiva, nunha viaxe que se prolongóu durante 35 semanas e do que deixóu constancia escrita. Despois de botar un tempo en Santiago e ordenar restaurar un cadro que doara o seu pai, proseguíu até Fisterra, onde menciona que "xace o corpo do venerable señor San Guillerme, quen fixo alí moitos milagres".

Martiros, 1491-93

Martiros, 1491-93

Este bispo armenio de Arzendajan veu nunha das peregrinacións históricas máis longas das que temos noticia, e dela deixóu constancia escrita. Botóu máis de 80 días en Santiago e proseguíu até "a extremidade do mundo", á igrexa de Santa María das Areas, en Fisterra, sendo atacado no seu camiño polo Vákner, un monstruo que, segundo di, asalta os grupos de peregrinos."

Doménico Laffi, 1673

Doménico Laffi, 1673

Relixioso italiano que é un dos máis relevantes peregrinos históricos. Veu a Compostela até en cuatro ocasións e publicou, Viaggio in Ponente a San Giacomo di Galitia e Finisterre per Francia e Spagna. Nesta obra di que tivo o "capricho" de visitar Santa María de Fisterra, onde describe a imaxe da virxe e do Santo Cristo, relatando un milagre sucedido en Cee.

Fisterrá e Muxiá: os certificados

Como a ‘Compostela’ é o documento que certifica que os peregrinos fixeron a rota a Santiago, A ‘Fisterrá’ e a ‘Muxiá’ son os certificados de ter peregrinado aos lugares do Fin. Para obter os documentos cómpre acudir ao concello de Muxía e á oficina de turismo de Fisterra, presentando as credenciais do peregrino seladas duante o camiño a estos lugares.

  • Muxiá: Concello de Muxía, Rúa Real, 35. Tlf: 981 742 001.
  • Fisterrá: Oficina de Turismo, Praza da Constitución, 31. Tlf: 627 239 731