O camiño na man

Dous monumentos senlleiros das terras do Camiño de Santiago até o Fin pódense visitar con realidade aumentada, ampliando a información sobre o románico de San Xián de Moraime, perto de Muxía, ou o gótico mariñeiro de Santa María das Areas, en Fisterra. Nestas imaxes podémonos achegarnos a explicacións sobre as igrexas, ás pinturas murais de Moraime ou coñecer o Santo Cristo de Fisterra, «santo da barba dourada».

San Xián de Moraime

San Xián de Moraime é o principal conxunto monumental de todo o Camiño Muxía-Fisterra. O mosteiro débelle moito a Afonso Reimúndez, o futuro Afonso VII, quen estivo aquí refuxiado durante a súa infancia, protexido polo arcebispo de Santiago, Diego Xelmírez, e por Pedro Froilaz, conde de Traba. En 1119, o rei ordenou restaurar o mosteiro, que fora destruído por un ataque almorábide. Durante o século XII, construíuse a igrexa co patrocinio da Casa de Traba e dos reis Afonso VII e Fernando II e, cara ao 1200, concluíronse as súas portadas esculpidas.

Fachada principal
Pórtico
Interior
Porta sur
Porta sur (interior)

Santa María das Areas

Saíndo de Fisterra cara o fin do cabo atópase o templo de Santa María das Areas, unha igrexa de orixe románica moi remodelada na segunda metade do século XIV

Exterior
Interior
Capela Santo Cristo
Exterior (parte traseira)